Unha descoñecida Eva García Sáenz de Urturi autoeditó en 2012 unha novela titulada 'La vieja familia'. Un título que na fala da xente, ou máis exactamente de lectores a lectores, pasou a ser un superventas.
Unha vez editado en papel, o seu ronsel seguía vixente dentro e fóra de España. Tras ser descatalogado, os exemplares convertéronse en obxecto de culto chegándose a vender en webs de segunda man por cifras de tres díxitos.
Á súa autora, xa recoñecida e premiada, os seus seguidores preguntábanlle con insistencia por aquela novela inicial, que xa tiña outra irmá titulada 'Los hijos de Adán' e que levaban o apelido de 'La saga dos Longevos'.
Por decisión editorial e petición do seu público, Planeta reedita eses dous títulos nunha edición coidada e revisada.
'La vieja familia' xa está á venda e en febreiro publicarase 'Los hijos de Adán'. Ademais tamén en 2025 completarase a saga co terceiro título, 'El camino del padre'.