Cara a cara #619. Dolores Redondo e 'Las que no duermen. NASH'

Cara a cara
24 de decembro 2024
A escritora Dolores Redondo
A escritora Dolores Redondo / Carlos Ruiz B.k.

‘Las que no duermen. Nash’ é continuidade a un cuarteto de novelas que arrincaron con 'Esperando al diluvio'. Naquel caso situada temporalmente na inundación que arrasou Bilbao en 1983 e neste caso nos prolegómenos do confinamento de 2020 pola covid-19.

Dolores Redondo presenta a Nash Elizondo, unha psicóloga forense que chega aos Valles Tranquilos de Navarra para documentar a orixe dunha lenda sobre bruxaría. Dentro da sima de Legarrea atopan o cadáver dunha moza que desaparecera tres anos atrás e cuxo caso conmocionara á poboación española.

Volve até o Baztán e tamén, aínda que non como protagonista, a Amaia Salazar que acompaña a Nash no seu labor profesional e tamén persoal.

A novela ten vimbias de casos da crónica negra recente, a un caso real dunha desaparición sen esclarecer e ao da "execución por bruxaría máis recente do noso país e que foi descuberta en 2016".

'Las que no duermen' é tamén "moi matriarcal" e a través dalgúns personaxes "unha homenaxe ás persoas que traballan no sector funerario rural".

Ministerio de Cultura. Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura