No ecuador do último mes do ano temos unha selección en grao sumo variada. Para empezar rock urbano español con Neno y Los Suyos e 'Prohibido'.
A escena galega queda representada co rap de Dios Ke Te Crew que avanzan o primeiro sinxelo do seu próximo álbum, 'Déjà vu' e coa Banda da Loba que publicarán en 2025 o seu quinto disco, 'Lovismo'. Esta semana presentaron 'Lova'.
Fusionando música electrónica e flamenco desenvólvense o dúo de produtoras e dj's Pitty Bernad e Belah, Mëstiza, que esta semana presentan 'Báilame'. Os lanzamentos, digamos familiares, chegan con Hermanos Martínez que seguen presentando temas do seu próximo traballo e quen tamén publicarán o próximo ano novo elepé son o leoneses Café Quijano. Avanzan o primeiro sinxelo de 'Miami 1990' co tema 'Sabes qué te digo'.
Efecto Pasillo presentan EP, con sonoridades diferentes ás anteriores en 'Tabú'. Rozalén acompáñase dun bo número de artistas, mulleres todas elas, para traer unha revisión coral de 'Loba'. Un tema editado en 2020 co álbum 'El árbol y el bosque'. Máis nomes femininos, os de Tokischa e Nathy Peluso en 'De maravisha'.
E para completar, espírito do Nadal de peche cun dos tracks de 'Navidad en cada esquina' e que corresponde a Camilo e Evaluna coa súa adaptacón de 'It's beginning to look a lot at Christmas'.