Unha edición cargada de bandas e artistas da escena musical galega. A banda Amoebo avanza 'Unha foto' do próximo traballo titulado 'Escándalo non escuro'.
Desde A Coruña Doutor Snob tamén preparan álbum,'Donde arrecia el vendaval', que incluirá 'Lo que quiero escuchar'. Boyanka Kostova presentan 'Europa do Oeste' e Galician Army presentaron 'Time', o primeiro adianto do seu próximo traballo. Volverán ao PortAmérica este 2025.
O garaxe surf rock de Caudi Pedro soa a 'The smile of the viper fish', quinto sinxelo dun próximo elepé. Ruxe Ruxe pon no mercado o seu décimocuarto álbum co nome de 'Xabral'.
E sorpresa con nome feminino galego, tras Gala i Ovidio está Aida Tarrío (Tanxugueiras) xunto ao músico e produtor Raül Refre que se presentan con 'De maio a abril'.
Colaboración de Veintiuno con Siloé en 'Irremediable' e tamén de Niña Polaca con Dani Fernández facendo unha revisión do tema dos primeiros 'Dolores Rayo'. E terminamos con Rozalén e o primeiro dos temas tributo a Chavela Vargas que se incluirán nun EP e vén acompañado de espectáculo teatral.