En 'Los diez lanzamientos' conxugamos estilos e artistas para estar ao tanto das novidades musicais e para practicamente todos os padais.
Esta semana arrincamos con voces femininas, a primeira, galega, Sabela Cereijo co adianto do single 'Voar'. Entre Galicia e Arxentina Catuxa Salom xa ten primeiro elepé publicado, 'Caldo' e María Yfeu segue sacando avances dun próximo disco, o último 'Cólleo forte antes de que cambie'.
Avanzamos co garaxe rok de Caudi Pedro con 'The barracudas are daydreaming', o trío madrileño Shego que editarán disco a comezos de 2025 e esta semana presentan 'Aínda que doia'.
Non se nos pasa a colaboración entre Shinova e Tanxugueiras que revisionan o tema 'Movimiento' da banda biscaíña e levándoo ás sonoridades do folk galego transfórmano en 'Movemento'.
Se gústache a música electrónica, a túa selección é 'Told you so' de Martin Garrix con Jex. Rayden leva a formato físico o concerto ofrecido en decembro do ano pasado no Wizink Center e titúlao 'Clímax, final feliz'.
Imos achegándonos ao final do programa co segundo e novo álbum de Pedro Luís Domínguez Quevedo e pechamos con outro novo elepé na amplísima carreira de Raphael. Rende tributo á canción francesa en 'Ayer... aún', levándoa aos seus terreos.