Este venres vén con edición especial de 'Los diez lanzamientos' con motivo da celebración do Record Store Day (RSD) o 12 de abril.
Trátase dunha data que desde 2007 pretende apoiar ás tendas de discos independentes fronte ás vendas online e as grandes corporacións.
Con tal motivo hai produtos que se lanzan exclusivamente para esta data, con edicións especiais de vinilos, lanzamentos de cds ou produtos promocionais.
Por iso, recollemos algúns deses lanzamentos comezando polo embaixador deste RSD 2025 en España, Dani Nel·Lo, que foi mítico saxofonista de Los Rebeldes. Tamén incluímos a Los Flechazos que puxeron banda sonora aos mods españois dos 80 e 90, aos arxentinos Él Mató a un Policía Motorizado e a Iván Ferreiro.
Dos releases internacionais, extraemos a David Bowie, The Doors, Ramones e Elvis Presley.
Ademais, á marxe destes vinilos RSD, contamos con dous lanzamentos sen saír da provincia: os EPs de Anxo Araújo e de Fillas de Cassandra.