'Dá Néboa Pódcast' convida a este capítulo a Edita Rodríguez Oca, a mente creativa detrás de JATAFARTA, un taller onde a marroquinería transfórmase en arte, escultura e deseño conceptual.
Edita, finalista nos Premios de Artesanía de Galicia e cunha residencia artística no Gaiás, desafía as normas tradicionais do coiro cun enfoque vangardista.
O seu traballo fusiona técnicas ancestrais cunha experimentación que leva o material a novos límites, redefinindo a súa funcionalidade e estética: o coiro como arte contemporánea.
Comparte coa súa interlocutora, María Gómez-Domínguez, a súa traxectoria e a súa visión sobre a artesanía. Explica como rescatar técnicas tradicionais como o 'cuir bouilli' e darlles un novo significado.
O equilibrio entre a funcionalidade e a expresión artística na marroquinería, retos da artesanía nun mundo de consumo masivo, a importancia da sustentabilidade ou a escultura e o deseño na evolución do traballo con coiro.