Da Néboa Podcast #2. Alberto Lista

Da Néboa
16 de marzo 2025
María Gómez-Domínguez fala con Alberto Lista
María Gómez-Domínguez fala con Alberto Lista /

No segundo episodio de 'Da Néboa Podcast' María Gómez-Domínguez fala con Alberto Lista.

Trátase dun ceramista e oleiro de cuarta xeración que soubo transformar a súa herdanza artesanal nun laboratorio de ideas frescas.

Desde o seu taller en Buño, fusiona técnicas tradicionais con innovación e creatividade, logrando que as súas pezas cheguen a restaurantes de alta cociña e espazos de deseño.

Durante este tempo de conversación sen présas apréndese como reinterpretar un oficio centenario sen perder a súa esencia, por que unha peza de cerámica pode contar máis historias que un feed de Instagram e tamén que é ser un artesán na era do low cost.

Tras un primeiro programa dedicado a unha artesá do papel, o seguinte episodio instalarase na cestaría.