Para Aitor Martínez, a madeira é moito máis que un material: é unha linguaxe, unha historia en cada veta e unha danza entre o torno e a luz.
Foi finalista dos Premios Galegos e Nacionais de Artesanía, formouse na prestixiosa École Escoulen de Francia e expuxo no Museo Nacional Thyssen-Bornemisza.
Aitor transforma a carpintaría tradicional nunha experiencia artística. Durante a charla que mantén con María Gómez-Domínguez fala da materia prima coa que traballa, "unha madeira viva e sostible".
Explica o significado de "darlle protagonismo á madeira" ou a súa visión sobre o futuro do oficio e o ensino da carpintaría.
Fala tamén das súas fontes de inspiración, da importancia de concede aos premios recibidos e do valor de colaborar entre artesáns.