As 'Conversas na Ferrería' volven pór a alfombra vermella. Nesta ocasión para dar o protagonismo ao audiovisual galego.
Este próximo sábado 15 de marzo, o municipio de Lalín acolle a gala da vixésimo terceira edición dos Premios Mestre Mateo. Entregaranse galardóns no ámbito de cine, televisión, comunicación, publicidade e videoclips musicais, até un total de vinte e cinco categorías.
Para repasar e comentar as candidaturas finalistas volvemos contar con Rocío Torres, que pertence profesionalmente al sector da comunicación e audiovisual.Severiano Casalderrey, crítico e programador de cine e Nani Matos, director, guionista e actor.
Parten con máis posibilidades de premios a serie 'Rapa' que é finalista en dezaoito candidaturas; a película de Sonia Méndez 'As neves' que reúne trece candidaturas; outra longametraxe como 'Honeymoon' está proposta a galardóns en dez candidaturas e a película '+Cuñados' suma oito. Outro dos proxectos que aparece en seis categorías é a serie 'Clanes'.
Ademais de achegar os seus criterios sobre todos estes proxectos do audiovisual galego, durante o faladoiro xorde tamén algún interesante debate sobre as categorías que aspiran a premios, deberían ser máis, menos?, sería idóneo diferenciar entre actrices/actores debutantes e quen xa contan cunha carreira no sector?, ou mesma categoría para un guión de documental, serie ou cine?.