Empezar por un almorzo incrible ou ter un picoteo para levar. Unha comida cos pais ou uns amigos que se presentan sen avisar. Unha cea improvisada para dous ou adicar un día enteiro para cociñar.
Todas e cada unha destas posibilidades e máis, están cubertas no novo libro que publica o Chef Bosquet que xa fai o número catro.
Foi bombeiro e atleta antes que chef. Sábeno sobradamente os dous millóns de seguidores na súa conta de Instagram. E tamén que en 2018 foi o mellor foodie de España.
En 2023 se diplomó no Le Cordon Bleu de Madrid. Ademais de cociñeiro, é tamén empresario no sector da restauración xunto a coñecidos rostros do fútbol.
Con 'Todos á mesa' quere facer gozar dos momentos que se comparten ao redor da comida. Iso si, sempre saudable.