"Tras ser nai e ir co carriño empezáronme a chamar señora. En canto es nai pasas a ser señora para o resto da vida". Así fala Sibila Freijo da súa experiencia co tratamento de "señora" e que lle serviu para dar título a súa recentemente publicada 'Señora lo será tu puta madre'.
Un título contudente que expuxo as súas dúbidas á autora, pero que finalmente chegou para quedar e que como conta no podcast "está a gustar e estase recibindo ben".
Unha historia con tres mulleres como protagonistas: Magda, unha nai que abandonou trinta anos atrás ás súas fillas e que regresa a España moi enferma. As súas fillas, Vera e Ali, que viven a súa madurez.
Impregnada en humor, narra unha traxicomedia, como é a propia vida, "visións acedas sobre a realidade", explica.
A realidade dos roles que a sociedade pon á muller, a maternidade, a sexualidade, as relacións maternofiliais, as súas visións e obrigacións morais ou a menopausa.
