Moitos son quen as pensan, outros tantos quen as fan pero poucos son quen o confesan. E menos aínda, quen as fan públicas.
Marcial Outeda e Jesús Fontanes na súa habitual irreverencia dedicaron o último episodio de 'Boomer el último' deste ano a desvelar os nomes de quen consideran formarán parte dunha funesta lista.
Falan, si, - e si xa o intúes é que ti tamén estás no mesmo club -, da súa necrolista (outros a chaman necroporra), para o próximo ano.
Con sospeitas, con indicios, con pálpitos... e sobre todo, con todo o sentido do humor... negro esta vez. O capítulo máis atrevido desta tempada, sen dúbida, e quizais... o máis acertado?. O tempo dirao.
Mentres tanto, que ninguén cho diga. Escóitaos en primeira persoa. Deixan ademais unha despedida de programa moi acorde con estas próximas festas que xa levan semanas chamando á porta.