Boomer el último #27. Frases de nai (con fillos boomers, ou non)

Boomer el último
15 de marzo 2025
Jesús Fontanes e Marcial Outeda rememoran infancia a través das frases de nai
Jesús Fontanes e Marcial Outeda rememoran infancia a través das frases de nai / PontevedraViva

"Como vaia eu e atópeo...", "cres que son o Banco de España?", "eu á túa idade xa había...", "si fulanito tírase dunha ponte, ti tamén?", en definitiva "porque o digo eu que son a túa nai".

Correcto. Marcial Outeda e Jesús Fontanes fan un inventario de frases de nai. Esas aseveracións, preguntas retóricas que poderían estar recompiladas nun manual de uso para o exercicio desa ardua profesión.

Que elas teñen poderes adivinatorios?... os seus fillos descubrírono, e elas lembrábano coa consabida: "díxencho!"; que foron as pioneiras no uso da linguaxe inclusiva?... tamén, lembra: "nin chintófono, nin chintófana!"

Coa súa habitual retranca, traen outra hora de entretemento, mirando á súa infancia e adolescencia e esta vez tamén, homenaxeando ás nais.

(Para a imaxe deste capítulo de 'Boomer o último' utilizáronse programas de IA. Partindo de senllas fotografías actuais de Jesús e Marcial pediuse á IA que xerase como serían de bebés. O resultado é o que se mostra).