Marcial Outeda e Jesús Fontanes volven pillar butaca e flocos de millo nesta edición de 'Boomer el último'.
Xa o fixeron programas atrás para revisar coa súa particular mirada as películas dos oitenta e agora avanzan de década e instálanse nas metraxes do noventa.
Tamén é certo que durante o episodio pasan outras moitas situacións e outros moitos nomes, máis ou menos afastados do cine.
'Reservoir dogs', 'Armageddon', 'Forrest Gump', 'Ace Ventura', 'Seven', 'Jurassic Park', ... son só seis dos títulos que desfilan pola súa retranca habitual.
Estades convidados á sesión!