Boomer el último #22. As películas que nos deixou 1984

Boomer o último
16 de novembro 2024
'Boomer el último' volve ao cinema
'Boomer el último' volve ao cinema /

Cine para este segundo capítulo da tempada. Con todo, como sempre, os seus protagonistas teñen motivos e circunstancias para introducir cuestións afastadas da sétima arte.

Rescatan as películas que se estrearon no ano 1984 e que deixaron títulos memorables para a xeración boomer. Títulos como 'Gremlins', 'La historia interminable', 'Karate kid' e personaxes como Indiana Jones, ou Freddy Krueger quedaron para sempre na súa memoria cinematográfica.

Non falta como en cada programa 'El desguace', sección na que sacan o peor de cada tema escollido e na que desfilan personaxes da gran pantalla, que tampouco quedaron no esquecemento e non por iso en bo lugar, ou si?.

Marcial Outeda e Jesús Fontanes descóbrennos no programa unha potencial faceta na que comezaron a facer os seus primeiros... castings?, non desvelamos máis. Dálle ao play, descarga ou reproduce, e descobre por eles mesmos de que se trata.

(Este capítulo foi gravado a mediados do mes de setembro, polo que as referencias temporais do seu contido corresponden a ese momento).