BAB Chamamento á doazón de sangue ante as pontes festivas de decembro

Xeral
02 de decembro 2024
Actualizado: 13:18

A unidade móbil para realizar doazón de sangue estará este martes 3 en Ponte Caldelas; o mércores en Pontevedra, na contorna da Ferrería; o xoves en Caldas de Reis e o sábado na Illa de Arousa

Unidade móbil de doazón de sangue
Unidade móbil de doazón de sangue / ADOS

A últlima xornada da Feira das Culturas Galegas, Culturgal, serviu de escenario para a presentación oficial de Bibopalula, a primeira serie musical de animación en lingua galega.

Familias con nenos e nenas tiveron a oportunidade de ver en pantalla grande os dos primeiros episodios da serie, que xa está dispoñible a través de Xabarin.gal e das aplicacións para móbiles e televisións intelixentes da Televisión de Galicia.

Como mestre de cerimonias actuou Xosé Antonio Touriñán, produtor da serie, que destacou a importancia de que se leven a cabo proxectos coma este, pois "estamos bastante necesitados de contidos deste tipo".

Despois de enviar un saúdo a Andrés e Laura Mahía, pai e filla, guionista e directora da serie, sentados entre o público, insistiu en que "hai moitísima necesidade de contidos" para que os pais e nais poidan reproducir para os seus fillos e fillas en teléfonos ou tabletas, para sustituir propostas actuais noutros idiomas por pezas en galego. 

Presentación oficial de Bibopalula en Culturgal
Presentación oficial de Bibopalula en CulturgalCristina Saiz

Touriñán pediu a opinión en forma de aplauso dos 250 nenos e nenas presentes no acto e a resposta foi unánime. Todos deron o seu respaldo nunha traca final na que, despois de ver os episodios, o confeti encheu a sala.

Compartiu escenario co conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, que puxo en valor a "audacia" desta serie, na que sinalou que desde a Xunta "estamos encantados de participar". 

Ademais de recoñecer que, entre todos os paxaros que protagonizan a serie o seu preferido é Carpin, amosou a súa "satisfación porque estamos moi comprometidos coa normalización no uso do galego más novas tecnoloxías"

Ademais, recomendou a "papás e mamás" presentes na sala que visiten a "plataforma marabillosa" de Xabarin.gal.

Presentación oficial de Bibopalula en Culturgal
Presentación oficial de Bibopalula en CulturgalCristina Saiz

María Sabucedo, encargada de Xabarin.gal convidou a descargar a aplicación e ver os 20 primeiros capitulos xa dispoñibles e avanzou que "imos ter moitos máis contidos" en galego.

A serie conta con 55 capítulos de 5 minutos na súa primeira temporada, co paporrubio Robin, o merlo Merli, a pega Pegui e o peto Carpin como protagonistas. Os catro forman a Banda do Bosque, grupo musical ao que se unen en cada episodio outros tantos paxaros, coas voces dalgunhas das actrices e actores máis coñecidos polo público como Melania Cruz, Marta Lado, Iria Lamas, Marita Martínez ou Xosé A. Touriñán.

A serie, pensada para acompañar as primeiras miradas sobre o medio natural e destinada preferentemente a un público de entre 3 e 6 anos, trata os ciclos naturais do bosque, desde a chegada do inverno ata a das cegoñas, e ten na música un dos seus grandes valores, xa que cada un dos episodios remata co videoclip dun tema musical orixinal, composto por Santi Jul e Iván Laxe.