'Apuntes de jazz' dedica espazo a un guitarrista falecido en 2023, Jeff Beck. Geoffrey Arnold Jeff Beck formou parte dunha banda con outros nomes irrenunciables, The Yardbirds, da que formaron parte Jimmy Page e Eric Clapton.
Non foi aquela a única banda da que formaría parte durante os anos 60 e 70 para continuar a súa traxectoria musical en solitario. Igualmente participou en traballos doutros recoñecidos artistas de diferentes xeracións como Mick Jagger, Ozzy Osbourne, Rod Stewart, Diana Ross, Tina Turner, Roger Waters, Stevie Wonder, Jon Bon Jovi, ou ZZ Top.
Chegou a acumular até oito premios Grammy e un ano antes da súa repentina morte estivo a facer unha xira xunto ao actor Johnny Deep, co que gravou un disco de versións. O artista londiniense faleceu en xaneiro de 2023, aos 78 anos, consecuencia dunha meninxite bacteriana.
Pancho Novoa, Kiko Morterero e Tino Domínguez quedan con varios temas do Crossroads Music Festival de 2007 no que subiu ao escenario acompañado da baixista australiana Tal Wilkenfeld e Vinnie Colaiuta á batería.
Ademais deste tributo a Beck, tamén recompilan nesta edición temas de Chick Corea, Pat Metheny & John Scofield Quartet e Herbie Hancock.