Apuntes de jazz #76. Recordo a Chick Corea

Apuntes de jazz
11 de xaneiro 2025
Apuntes de jazz
Apuntes de jazz

Pancho Novoa, Kiko Morterero e Tino Domínguez sentan de novo, tras unha paréntese temporal, aos micrófonos para escoitar e falar de jazz.

Nesta ocasión fan un recordo a Chick Corea. O teclista, pianista e compositor nacía en Massachusetts en 1941 e falecía en 2021. Chegou a acumular ata unha vintena de premios Grammy.

A súa traxectoria iniciouse a comezos dos 60, sendo partícipe do xurdimento do jazz fusión na banda de Miles Davis.

Formou parte doutras tantas bandas, creando algunhas delas como Return to Forever, finalizando a década dos 70, nos 80 The Electric Band ou Chick Corea New Trío xa no século XXI.

De igual maneira colaborou sostenidamente con outros memorables intérpretes do momento, non só deste xénero ou pianistas como el. Exemplo daquilo foi o caso do español Paco de Lucía.

Estivo activo na súa profesión musical ata 2020.