A psiquiatra e psicoterapeuta Anabel Gonzalez publica 'Lo que no pasó. Cómo curar las heridas que nos dejan el abandono, la ausencia y las pérdidas'.
Un título que expón situacións recoñecibles como resistirse a pedir axuda ou rexeitala, priorizar o compracer a quen están ao redor, querer pasar desapercibidos, dificultade para tomar decisións, desconfianza permanente... formas de comportamento que "poden gardar relación con aqueles espazos baleiros que gardamos no noso interior".
'Lo que no pasó' é un título que fala de abandonos, perdas, traumas da infancia vinculados a poderosos recordos e aos apegos. Tamén dos pensamentos, de como estes inflúen na forma en que percibimos a realidade e no comportamento.
A autora recomenda unha lectura "sen torturarnos, sen entrar na impotencia e o debería" e no seu lugar "percibir onde houbo experiencias positivas, fixarnos nelas e as sensacións que nos provocan, mentres damos coa fórmula para crecer".
Anabel Gonzalez coordinou durante anos o programa de trauma e disociación do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. É presidenta da Asociación EMDR España e dá cursos sobre esta metodoloxía terapeútica. Este é o quinto título que publica con Planeta.
