Radio Escaparate #79

Radio
25 de abril 2018

Radio Escaparate é un programa feito polo alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra. 

Radio Escaparate #79
Radio Escaparate #79

Radio Escaparate especial Salón do Libro de Pontevedra. Nesta ocasión a nosa radio foi convidada ao Pazo da Cultura para ser parte dunha das moitas actividades que se desenvolven estes días no Salón. Como en cada edición, os nosos Chíos e cancelos achégannos toda a actualidade das RRSS, marcadas desta vez polo falecemento a pasada semana do DJ sueco Avicci. Na entrevista, Carme Fouces, concelleira de Cultura de Pontevedra, fálanos da importancia do Salón do Libro para a cidade; e varios alumnos do IES Salvador Moreno, que viñeron ver o Escaparate, son protagonistas dunha entrevista moi especial. Para rematar, Irene Fernández achéganos a opinión dos escaparatistas no Falar da rúa e Iván Iglesias interpreta unha particular versión do tema de Álvaro Soler "Cintura", chamado a ser un dos éxitos do verán. Non volo perdades!.