Radio Escaparate #76

Radio
04 de abril 2018

Radio Escaparate é un programa feito polo alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra. 

Radio Escaparate #76
Radio Escaparate #76

Neste primeiro Escaparate de abril achégase ao noso programa a actriz galega María Costas para falarnos dos seus proxectos, do seu papel no filme Dhogs - de Andrés Goteira -,  e do rol actual da muller no audiovisual galego. Na entrevista musical estarán no noso estudio o grupo The Lákazans, que nos presentan algúns dos seus novos temas de estudio. E coma sempre, faremos un repaso á actualidade nas RRSS nos nosos Chíos e Cancelos. Con Irene Fernández saberemos que tal lles foi a Semana Santa aos escaparatistas. Para rematar, Iván Iglesias fará honra ao seu apelido…Non volo perdades escaparatistas!