Radio Escaparate #63

Radio
15 de novembro 2017
Actualizado: 27 de novembro 2024

Radio Escaparate é un programa feito polo alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra. 

Radio Escaparate #63
Radio Escaparate #63

No Escaparate desta semana visítannos os realizadores Javier Blanco e Javier González gañadores coa súa curta Tapias dun dos galardóns do Festival de Cinema Curtocirtuito de Santiago de Compostela, e na nosa entrevista musical coñecemos á banda de punk Grima. Como todas as semanas debullaremos a actualidade das redes sociais nos nosos Chíos e cancelos con especial atención ás reaccións polo pasamento do humorista Chiquito de la Calzada. No Falar da rúa, Irene Fernández pregunta sobre os hábitos deportivos dos pontevedreses, e finalmente o noso “Chiquito” particular, Iván Iglesias, fai no Eramos poucos unha deliciosa cover do tema gañador do pasado Festival de Eurovisión, Amar pelos dois, do artista portugués Salvador Sobral, neste caso dedicada á cultura galega.