No primeiro Escaparate do mes de novembro contamos coa presenza do realizador e fotógrafo Jonny Wolfmor que nos falara da súa carreira e dos seus novos proxectos. Coñecemos así mesmo o máis falado nas redes sociais nos nosos Chíos e cancelos; e na nosa entrevista musical coñecemos a banda galega Agoraphobia. No Falar da rúa, preguntámoslle aos escaparatistas cales son os seus superheroes favoritos, e como colofón no Eramos Poucos, Iván Iglesias danos a súa particular visión da festa do San Martiño adaptando o tema de Melendi “Caminando por la vida”. Non volo perdades!
Radio Escaparate #62
Radio
08
de novembro
2017
Actualizado:
27
de novembro
2024
Radio Escaparate é un programa feito polo alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra.
Máis novidades