Radio Escaparate #58

Radio
04 de outubro 2017
Actualizado: 27 de novembro 2024

Comeza unha nova temporada da Radio Universitaria da Universidade de Vigo.

Radio Escaparate #58
Radio Escaparate #58

Comeza unha nova temporada da Radio Universitaria da Universidade de Vigo. Nesta cuarta andaina inauguramos novas seccións e novas voces que nos acompañarán durante toda esta temporada de Radio Escaparate.

Falaremos entre outras cousas dos asuntos que son tendencia nas RRSS, sondexaremos a opinión da xente da rúa sobre a televisión nos nosos días; e no noso tempo de entrevista contaremos con Beatriz Legerén, docente da Facultade de CCSS de Pontevedra, que nos falará do proxecto de colaboración entre Comunicación Audiovisual e Enxeñería de Telecomunicacións para realizar varios videoxogos. Na parte final do programa o noso compañeiro Iván Iglesias interpretará unha particular versión do tema de Miguel Bosé “Como un lobo”. Non volo perdades.