Aquí está El Escaparate unha semana máis dende os estudos de PontevedraViva Radio. Nesta ocasión traemos un programa para afondar cos máis pequenos da casa. Por que? Porque o próximo 2 de abril celébrase o Día Mundial do Libro Infantil.
E como celebrar o Día Mundial do Libro Infantil? De seguro que algún de vós ten algún irmán pequeno, sobriño, afillado… Na vosa familia pode haber algún rapaz ou rapaza. Se é así, Blanca Millán, ilustradora galega, daravos algunhas ideas para adicarlles aos máis cativos a vosa arte ou, no mellor dos casos, unha razón para comprar libros ilustrados.
Neste programa número 54, non contamos coa visita dun estudante estranxeiro. Con todo, tivemos o pracer de contar con Maykel Carreiro, ex-escaparatista e DJ, que durante este xoves 30 de marzo deleitará a todos os estudantes que se acheguen pola tarde o campus de Pontevedra a celebrar San Aquiles.
E sen máis enredos, aquí un pequeno esquema! Dádelle o play!