El Escaparate #51

Radio
08 de marzo 2017

El Escaparate é un programa feito polos alumnos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra.

El Escaparate #51
El Escaparate #51

Ola, caracolas! Pasado o entroido, regresa o voso programa de radio favorito. El escaparate comeza marzo cargado de novas moi interesantes e dun programa especial adicado a todas as mulleres. O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Con motivo de tamaña festividade, quixemos que nos acompañara neste programa unha persoa de primeira categoría: Diana López, guionista, bloger e columnista en xornais como Diario de Pontevedra ou El Nacional.cat. Ademais, é autora da obra No es país para coños e do blog Suspenso en religión, un dos referentes máis importantes do feminismo da actualidade do noso país. 

Aproveitando que a ocasión o merecía, tivemos a sorte de contar con dúas alumnas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación que estiveron de Erasmus en Polonia: Andrea e Sofía. E para porlle a guinda o pastel, catro alumnos de Dirección e Xestión Pública protagonizaron un debate do máis interesante sobre o papel da muller na actualidade. Veña, rapaces, non vos perdades este programa tan especial!.