Radio Cerna 25abr2018

Radio
25 de abril 2018
Actualizado: 27 de novembro 2024

O castiñeiro galego resistíu á mudanza climática de hai 6.000 anos.

Radio Cerna 25abr2018
Radio Cerna 25abr2018

Un estudo da Universidade de Oviedo dirixido polo galego Pedro Álvarez-Álvarez confirma que o castiñeiro é unha especie que non foi introducida polo Imperio Romano, senón que xa estaba na rexión noroeste da Península, incluída Galiza, milleiros de anos antes da chegada dos romanos. Este dato podería mudar o estado de conservación da especie autóctona en Asturias e Galiza, e desbotar do discurso académico a errada comparativa que se fai entre o castiñeiro e outras especies de orixe foránea.

A investigación ademais demostra que o castiñeiro é unha especie plástica ás mudanzas climáticas e, por tanto, resistente ao cambio do clima cara a temperaturas máis elevadas. A Universidade de Oviedo certifica que Asturias e Galiza foron en Europa o refuxio do castiñeiro hai 6.000 anos, no Holoceno medio, cando as temperaturas eran máis elevadas que hoxe en día. Radio Cerna entrevista ao director do estudo.