Radio CERNA #24abr2017

Radio
24 de abril 2017
Actualizado: 27 de novembro 2024

Os gandeiros de Ordes alegan contra as novas minas de Erimsa.

Radio CERNA #24abr2017
Radio CERNA #24abr2017

Unhas 200 explotacións agrogandeiras da comarca da Ordes séntense ameazadas polos novos proxectos mineiros que a empresa Erimsa prevé desenvolver na bisbarra. O Sindicato Labrego Galego advirte que están en xogo uns 400 postos de traballo directos e alerta do avanzado que está o proxecto "Xanceda" que afectaría a 781 hectáreas de terreo e a importantes granxas, incluso de carácter ecolóxico.