Veciños e veciñas de Touro e O Pino mobilízanse en contra do proxecto de reapertura e ampliación da mina de cobre de San Rafael S.L., que ocuparía preto de 700 hectáreas entre estes dous concellos. O anuncio do proxecto caeu como unha xarra de auga fría entre a vecindade que xa está a recabar numerosos apoios sociais en contra da explotación mineira. Consideran que o impacto é totalmente inasumible a nivel ambiental, sanitario, social e económico. Rubén Souto, membro da plataforma Mina NON lembra que os veciños aínda están sufrindo os efectos da antiga mina, que pechou en 1986.
Radio Cerna 20nov2017
Radio
20
de novembro
2017
Actualizado:
27
de novembro
2024
A mina de Touro - O Pino atópase de fronte con rexeitamento veciñal.
Máis novidades