Radio Cerna 16abr2018

Radio
16 de abril 2018
Actualizado: 27 de novembro 2024

X. Alfredo Pereira: "A Xunta quere roubarnos o monte veciñal para dárllelo ás empresas forestais e enerxéticas". 

Radio Cerna 16abr2018
Radio Cerna 16abr2018

A Organización Galega de Montes Veciñais en Mancomún (ORGACCMM) convoca para o vindeiro domingo, 22 de abril, unha manifestación en Santiago de Compostela por un Plano Forestal para un medio rural vivo. Tamén para reivindicar a titularidade comuneira dos montes veciñais, algo que está en risco desde as últimas modificacións lexislativas feitas pola Xunta de Galiza. Os comuneiros e comuneiras temen que lles rouben o monte a favor das empresas forestais, mineiras ou enerxéticas.