A Univerdidade da Coruña nomeou recentemente como profesor emérito ao xeólogo Xoán Ramón Vidal-Romaní, tamén director do Instituto Universitario de Xeoloxía "Isidro Parga Pondal". Na súa lección derradeira, Vidal-Romaní fixo un repaso a máis de 1.000 millóns de anos da historia de Galiza. A súa traxectoria académica achegou, sobre todo, un maior coñecemento sobre o noso territorio na Era Cuaternaria e foi o descubridor de Elba, o resto humano máis antigo atopado en Galiza.
Radio Cerna 13dic2017
Radio
13
de decembro
2017
Actualizado:
27
de novembro
2024
Xoán Ramón Vidal-Romaní: "O pai dos nosos ríos é o Sil, non o Miño".
Máis novidades