Radio Cerna 11xun2018

Radio
11 de xuño 2018
Actualizado: 27 de novembro 2024

A Xustiza de Castela podería condicionar a caza do lobo en Galiza.

Radio Cerna 11xun2018
Radio Cerna 11xun2018

Nos últimos dez anos, varios colectivos ecoloxistas manteñen unha batalla xudicial co goberno autonómico de Castela e León pola súa xestión do lobo ibérico e polas súas leis de caza. A novidade é que ASCEL (Asociación para a conservación do lobo ibérico) vén de conseguir un fito: que se suspenda en toda Castela e León a caza do lobo. Unha suspensión cautelar da actividade cinexética contra esta especie, mentres o Tribunal Supremo non se pronuncia sobre a legalidade da disposición da Xunta de Castela pola que se permite cazar ata 143 lobos ao ano. O auto que dita a suspensión cautelar da caza e as posteriores sentenzan que se deriven poderían sentar precedente e influír na xestión do lobo noutros territorios do noroeste peninsular, como o galego.