O tren é unha materia pendente na vertebración territorial de Galiza. As vellas liñas desaparecen ou déixanse esmorecer, como no caso da liña de ferrocarril Ferrol-Ribadeo. O traxecto do tren que transcorre pola cornixa cantábrica, no que se acumularon unhas 900 incidencias só no último ano. A plataforma na defensa desta liña Ferrol-Ribadeo leva anos demandando á administración pública e aos responsables da liña e do servizo, Adif e Renfe Operadora, para que doten de infraestrutura, persoal e horarios flexíbeis a este servizo, do que depende gran parte da poboación das comarcas da Mariña, Ortegal e Ferrolterra.
Radio Cerna 07feb2018
Radio
07
de febreiro
2018
Actualizado:
27
de novembro
2024
A morte inducida da liña de ferrocarril Ferrol-Ribadeo.
Máis novidades