Radio Cerna 03abr2019

Radio
03 de abril 2019
Actualizado: 27 de novembro 2024

O río dos Gafos declarado como Espazo Natural de Interese Local.

Radio Cerna 03abr2019
Radio Cerna 03abr2019

Tras 8 anos de incertidume, a Xunta declara o río Gafos de Pontevedra como Espazo Natural de Interese Local (ENIL). Esta figura de protección ambiental implicará un plan de investimentos por parte do Concello para favorecer a conservación do espazo e a recuperación dos seus valores naturais. A Asociación Vaipolorío foi unha das impulsoras desta iniciativa que agora vén de acadar o seu obxectivo.