O autor, Miguel Anxo Mouriño, estará acompañado por José Luís Vázquez Blanco "Poli". A entrada é libre ata completar capacidade.

O trío poético de ases que conviviron no Século de Ouro da literatura española, Góngora, Lope de Vega e Quevedo, son os protagonistas desta antoloxía de poemas satíricos e burlescos que se cruzaron cun maxistral e, ás veces irreverente enxeño, nunha guerra dialéctica seguida de preto polos lectores da época.

O carácter da obra é divulgativo, e achega as claves para a compensación, ás veces moi difícil sen elas, das sátiras. Adobiado todo cunha recollida de feitos e curiosidades que axudan a colocar a actividade poética dos heroes áureos no marco axeitado.

Máis eventos

Ver máis eventos