Alba Sotelo é unha fotoxornalista bueuense que forma parte das empresas e autónomos do ámbito creativo participantes no proxecto municipal Pontevedra ten un puntazo. Unha iniciativa da que apunta a súa importancia como punto de encontro entre emprendedores, a visibilidade que proporciona, así como o compoñente formador do mesmo.
Alba Sotelo actualmente expón no Pazo da Cultura ata o 18 de novembro 'Voltar a Ítaca', onde reivindica a mar, o seu mar, a vinculación persoal e profesional co océano. Propón ademais unha mostra innovadora no sentido de buscar unha comunicación bidireccional co público que asiste á exposición.