Alicia Saiz Abelleira ten dezanove anos e este setembro volverá a Salzburgo para continuar os seus estudos superiores na Mozarteum University. Se graduó no Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra. É violagambista. Alí na cidade austríaca ten como profesor a Vittorio Ghielmi, músico e compositor que está considerado unha referencia mundial.
Unha vez que conclúa a súa formación pensa no seu futuro profesional como integrante dunha orquestra e poder ofrecer concertos. A súa vantaxe é que fronte aos profesionais de Clásica, os de Barroca son menos en número e menos aínda violagambistas.