O educador canino Diego Álvarez inicia nova tempada e trae no regreso un avance dos interesantísimos contidos que irán sucedéndose nos próximos capítulos. Cuestións importantes nas que seguirá incidindo como os sinais de calma, o estrés, a dominancia, a alimentación e outras que aínda non se tocaron como a hixiene do can, primeiros auxilios ao can, a relación entre can e veterinario ou a nova Lei de Protección Animal. Tamén están previstas entrevistas con persoas que traballan en educación canina e con terapias alternativas e nonfaltarán as seccións que xa ofrecía nas tempadas anteriores. Para calquera dúbida ou consulta segue operativo o correo electrónico podcans@gmail.com