Xa se poden escoitar os novos capítulosxunto ao educador canino Diego Álvarez. Para a volta destes programas, o tema escollido é a importancia da glándula tiroides. Unha glándula endocrina situada no pescozo e que é fundamental na práctica totalidade das funcións básicas do organismo.
En cada programa adoita facerse unha recomendación bibliográfica que neste caso é 'Converse co seu can' de Stanley Coren. Doutra parte, é posible enviar dúbidas ou temas que resulten de interese ao correo electrónico podcans@gmail.com. A imaxe que acompaña a cada podcast é a dun can que require adopción. Neste caso a imaxe é unha salvedade. Loira é unha cadela de avanzada idade que vive cunha familia e cuxo estado de saúde resentiuse recentemente.