Unha medalla non suple dereitos

01 de xullo 2019
Actualizado: 18 de xuño 2024

A Xunta de Galicia fixo entrega da Medalla Castelao ás redeiras, pola súa profesión e pola súa defensa da cultura galega. Pode ser un bonito xesto, pero máis que insuficiente por parte da Xunta de Galicia, cando dito colectivo leva anos demandando a ésta unha mellor situación socio-laboral para o seu sector. As medallas non suplen dereitos, señor Feijóo

A Xunta de Galicia fixo entrega da Medalla Castelao ás redeiras, pola súa profesión e pola súa defensa da cultura galega. Pode ser un bonito xesto, pero máis que insuficiente por parte da Xunta de Galicia, cando dito colectivo leva anos demandando a ésta unha mellor situación socio-laboral para o seu sector. As medallas non suplen dereitos, señor Feijóo.

O traballo de redeira ou redeiro está afianzado na tradición do noso país. É unha profesión que se desenrola desde o pasado século e acostumaba a transmitirse entre familias. Antigüamente a reparación das redes de pesca era un traballo dos propios mariñeiros, pero surxiu a profesión de redeira que se foi adaptando os diversos tipos de arte de pesca, labor que se levaba a cabo nos propios muelles e portos a intemperie.

Actualmente en dito sector traballan un milleiro de persoas, das cales máis do 84% son mulleres, polo que podemos afirmar que é un sector maioritariamente feminizado e afiliadas o réximen especial do mar, cunha media de idade entre 45-60 anos, claramente un sector envellecido por falta de apoios para asegurar o relevo xeneracional.

Se ben na actualidade desenrolan o seu traballo en naves, a penosidade e insalubridade que revisten as xornadas laborais irregulares debido a demanda de traballo puntual que lles vaia surxindo, sumado a forma de desenrolar o seu traballo e á disposición física para tecer e reparar redes, fainas vulnerables ante determinadas enfermedades propias desta actividade profesional, enfermedades do aparato muscoesquelético, artrose e doenzas musco-esqueléticas, entre moitas outras que a día de hoxe seguen sen serlles recoñecidas como enfermedades profesionais.

O recoñecemento da actividade profesional que levan a cabo as nosas redeiras é moi recente, incluíndoas na reforma lexislativa da Lei Reguladora da Protección Social das persoas traballadoras do sector marítimo-marisqueiro, na cal se lles recoñece a toda persoa traballadora do sector uns determinados coeficientes reductores en función da súa actividade, pero as redeiras son discriminadas con respecto a outros colectivos do ámbito, xa que a elas se lles deixou fóra do recoñecemento de ditos coeficientes reductores, ainda cando o Goberno recoñeceu que facían unha labor en condicións non moi saudables.

Son mulleres bravas que levan décadas reivindicando a dignificación das súas condicións laborais, o recoñecemento da súa actividade. Non sería mellor o recoñecemento dun dereito que unha medalla? Non sería mellor o coidado físico das mulleres que perpetúan a nosa cultura que colgar un trofeo nunha vitrina?.

Loitan por uns salarios xustos, pola eliminación da fenda salarial, o recoñecemento das enfermidade profesionais, do recoñecemento dos coeficientes reductores polas condicións laborais, batallan contra o intrusismo laboral e demandan o acceso a formación específica para poder garantir o relevo xeneracional, para poder garantir que a cultura galega se perpetúe no tempo.

Todas elas demandas históricas que non se poden tapar otorgando unha medalla e sí recoñecéndolles un dereito, levan décadas loitando pola dignificación dos seus empregos, xa é o momento do seu recoñecemento.