Troleiros

08 de decembro 2021
Actualizado: 18 de xuño 2024

Non vou falar do modernos que fumos cando nos anos 70, 80 e 90 os de Marín andabamos a voltas co precio do billete do "Trole", do Trolebus. Non vou falar do señor que conducía o trolebús: o "troleiro". Non vou falar do "cool" , modernos e avanzados que fumos durante eses anos na utilización de medios de comunicación interurbanos super ecolóxicos i>, e medioambientalmente envexables

Non vou falar do modernos que fumos cando nos anos 70, 80 e 90 os de Marín andabamos a voltas co precio do billete do "Trole", do Trolebus. Non vou falar do señor que conducía o trolebús: o "troleiro". Non vou falar do "cool" , modernos e avanzados que fumos durante eses anos na utilización de medios de comunicación interurbanos super ecolóxicos , e medioambientalmente envexables. Algún día teriamos que calcular o aforro que xeramos en CO2 e outros cheirentos e contaminantes gases os veciños de Marín e Pontevedra. Mericeriamos un premio só por iso.

Xa o dixen non é cuestión de embobarme no rollo dos "troles".

Nesta xeira quero falar dos "Troleiros", os auténticos mentiráns, que de cativos non chamabamos "mentirosos" nin "insinceros" senon mais ben, e de xeito tremendamente enfático:"Troleiros".

Ser troleiro viña significar a perda do que hoxe dase en chamar "reputación social". Un troleiro non podía xogar cos outros nin o "gua" nin o "lipi-lape". Esperabase del que montase un lío porque un troleiro sempre ia facer trampas. Era, xa que logo, un apestado, un excluído social da comunidade infantil.

O medrar o que foi ou era tildado de "troleiro" tiña dificil convivir na cuadrilla, na tasca ou nas rondas: non se lle facía caso e caseque tódolos días recordabaselle que era un vil, un troleiro.

Limiar extenso, disculpas. Vou o nó, o central destes apuntamentos.

Neste medio de comunicación informannos de que en Marín vamos ter un aparcadoiro subterraneo para douscentos e pico coches. Dinnos o que vai custar: uns 25000 euros por praza de aparcamento que, de seguro, iran a mais; quer por defectos da planificación e presupostos, quer pola "crisis de abastecemento de materiaís" que embarga o mundo enteiro (ainda que parece que neste proxecto non nos imos a enterar diso). Faime pensar que os calculos os fixo "un troleiro" , ou "troleira", que tamén as hai.

Instalaron o "Paking Bi- horario" , por chamarlle dalgunha forma, prometeron, dixeron que non ia afectar o resto da oferta de aparcamento. Non hai mais que dicer: outra trola. Afecta o parece que vai afectar. Primero crearon a necesidade, despois restrinxiron a oferta e por último – ou antepenultimo – privatizan o servizo. Una trola enriba doutra trola, tomando como analoxía o "Trolebús" poderiamos falar dun "Trolebús de dous pisos". Ou sexa unha mentira enriba doutra.

Iamos a beneficiarnos todas, todos e todes desa planificación do aparcamento: 23000 trolas. Super – super troleiros. Por qué 23000 trolas: porque si concordamos que en Marín vivimos preto de 25000 persoas está claro de 23000 – por dicir un número – non se van beneficiar dese "Sub -Parking" quer por non necesitalo, quer por non poder pagalas cuotas que se aplicarán para financiar e facer rendible un parking que a todas luces e caro. Non só polo custo económico se non tambén polo custo social. ¿Qué beneficio ou beneficios obten o conxunto da cidadanía de Marín? ¿Cal é o beneficio público?. Só se escoita falar do lucro privado. 23000 mentiras maís.

Sei que moitos , de boa fé, verán como positivo o parking público, non cuestiono a súa visión, mais compre suliñar a técnica torticeira do Governo Municipal. A técnica dos mentirans, dos troleiros. ¿Por que no din, declaran, con honestidade, que Parking no Eguren e Auditorio no Porto son duas facianas – tramposas neste caso – da misma moeda?.

¿Cómo podemos consentir e mesmo celebrar que a maior inversión "NO PÚBLICO" en Marín, nos derradeiros anos ,consista na PRIVATIZACIÓN dun espazo público?

Iso só o fai un mentirán.

¿Ramallo e/ou o Partido Popular?. Vostede decide.