Solicitan o peche do aproveitamento hidroeléctrico de Ponte Inferno no río Verdugo

07 de abril 2021
Actualizado: 18 de xuño 2024

A asociación A Rente do Chan-Pladever adicou os últimos dez días a tentar facer chegar á poboación a súa reivindicación de que este aproveitamento non cumple a legalidade e debe ser precintado.

Pontes, estradas, pasarelas, árbores, ... todo tipo de infraestruturas, tanto artificiais coma naturais sirven coma soporte de tan só 4 palabras cheas de forza: Ponte Inferno Peche Xa!.

E é que a asociación A Rente do Chan-Pladever adicou os últimos dez días a tentar facer chegar á poboación a súa reivindicación de que este aproveitamento non cumple a legalidade e debe ser precintado.

Así pódense observar pancartas con este lema nas estradas de Soutomaior-Ponte Caldelas, Ponte Comboa-Vilarchán, Pontevedra-Ponte Caldelas, e sobre varias pontes do río Verdugo.

Representantes do colectivo insisten en que empregarán tódolos medios ao seu alcance para conseguir o seu obxectivo: liberar o río Verdugo.

De momento, nin Augas de Galicia nin NATURGY parecen querer doblegarse ante o ímpetu que está a amosar esta loitadora asociación, por medio de decenas de solicitudes a Augas de Galicia e á Dirección Xeral de Patrimonio Natural, a campaña de recollida de sinaturas na rede (change.org), varias marchas e manifestacións antes da pandemia, a procura de apoio de colectivos coma Adega, AEMS Ríos con Vida e Ecoloxistas en Acción, xa conseguidos, e tamén de Greenpeace, coa que comentan ter contactado para solicitar a súa participación.

Por se todo isto fose pouco, tamén lograron que a Fundación Mundial de apoio ás especies Migratorias (World Fish Migration Foundation) se preocupase da situación de Ponte Inferno, téndose persoado no expediente de extinción do aproveitamento hidroeléctrico.

Declaran que inda quedan outras accións por emprender, coma charlas na contorna da Central Hidroeléctrica de Ponte Inferno, para explicar o valor do río Verdugo e dos seus afluíntes, da vexetación de ribeira, e da fauna e flora asociada.

Para que a xente que vive nas poboacións ribeiregas, saiba que un río debe fluir sen obstáculos, salvo que a presencia do obstáculo xere bens e servizos de valor maior que o que se perde polo impacto ambiental causado.

No caso de Ponte Inferno, os servizos xerados son uns poucos Gigawatios ao ano e medio posto de traballo, e o impacto causado a ruptura da conexión da parte baixa do río co resto do Verdugo, coa desaparición do reo, salmón, lamprea e anguía, a reducción da capacidade productiva na Enseada de San Simón e o deterioro das ribeiras, privando á sociedade ribeirega dos bens e servizos xerados por un río fluínte.

A asociación invita á reflexión a Augas de Galicia, a NATURGY, e á sociedade galega.

 

Asociación A Rente do Chan-Pladever