Estes días estamos a ler na prensa que Portos de Galicia está a ter conversas con diferentes Concellos para iniciar o proceso de reversión daqueles espacios portuarios que perderon tal uso.
Neste senso, lembramos que o ano pasado Portos de Galicia comprometuse publicamente (Faro de Vigo Morrazo 20/05/2023) a iniciar o proceso de reversión dunha zona da praia da Banda do Rio (a mais proxima o porto que é competencia de Portos) a Costas do Estado.
Enviamos xa varios escritos a Portos pedindo que se nos informe do estado deste proceso pero ata agora non recibimos contestación algunha.
A única información que temos e que a finais do ano pasado (28/09/23) non se recibira en Costas do Estado o preceptivo informe de reversión necesario para iniciar o proceso.
Lembrar ademais que esta é unha petición tamén do Goberno municipal que se aprobou por unanimidade no Pleno Municipal de Bueu en outubro do 2013.
*Pleno Nº 10/13 do 7/10/2013 pto 6 Solicitar "A desafección das zonas de praia (Beluso, Banda do Río e Pescadoira) adscritas a Portos de Galicia por ser estas un ben público non susceptible de ser ocupado".
Por outra banda, apoiamos totalmente a reversión de espazos públicos (Pescadoira, Banda do río, Xardins de M.Eugenia, Centro Social..) solicitada polo Concello de Bueu a Portos de Galicia, xa que son espazos que carecen de uso porturaio nos cales ademais o mantemento corre a cargo do Concello de Bueu dende hai moitos anos. Entendemos que nestes espazos debe incluirse a zona da praia da Banda do Rio competencia de Portos se non o estivera.
Solicitamos que se nos informe por escrito do estado do expediente de reversión da praia da Banda do Río.
A asociación ecoloxista de Bueu Anduxía