Repensando o Hospital Provincial de Pontevedra: Un Centro Interxeracional para o Século XXI

02 de febreiro 2024
Actualizado: 18 de xuño

Propoño un cambio de visión sobre o uso deste edificio: transformalo nun espazo interxeracional que beneficie tanto a mozos como a maiores.

A nosa sociedade está a sufrir un cambio demográfico importante, cun envellecemento da poboación moi acusado. Pontevedra enfróntase a desafíos importantes que requiren solucións creativas. Un destes desafíos é o futuro do Hospital Provincial de Pontevedra.

Propoño un cambio de visión sobre o uso deste edificio: transformalo nun espazo interxeracional que beneficie tanto a mozos como a maiores.

O concepto é innovador, aínda que xa existen outros centros que exploraron esta posibilidade, por exemplo o Centro interxeracional Ovida en Oviedo: un lugar onde estudantes e persoas maiores poidan vivir e aprender xuntos.

Esta combinación xeraría un ambiente dinámico de intercambio cultural e experiencias de vida, enriquecendo a ambas as xeracións.

Ademais, este enfoque aborda dúas necesidades críticas: a escaseza de residencias estudantís accesibles e a crecente demanda de aloxamentos para persoas maiores.

Ao fusionar estas necesidades, non só maximízase o uso do espazo senón que tamén se fomenta unha comunidade máis unida e empática.

Os beneficios van máis aló do práctico. Este proxecto podería converterse nun faro de innovación social, mostrando como os espazos históricos poden adaptarse para satisfacer as necesidades contemporáneas. Sería un testemuño do compromiso de Pontevedra coa inclusión, a sustentabilidade e a aprendizaxe ao longo de toda a vida.

É hora de mirar cara ao futuro con valentía e creatividade.

A reconversión do Hospital Provincial de Pontevedra nun centro interxeracional non é só unha solución a un problema loxístico; é unha oportunidade para redefinir o que significa ser unha comunidade no século XXI.

 

Autor: Serafín González