Reclamacións dos traballadores da Unidade Asistencial de Drogodependencias

12 de xullo 2022
Actualizado: 18 de xuño 2024

Esiximos que se cubra ao menos neste momento o posto de auxiliar administrativo.

O Concello de Pontevedra bloquea o normal funcionamento do Centro Sanitario da Unidade Asistencial de Drogodependencias ao ter suprimido ao único Auxiliar administrativo do mesmo, cuxas funcións son, entre outras: atención telefónica, dar e cambiar citas de pacientes e familiares, recepción e envío de documentación postal, realizar rexistros de entrada e saída da documentación e información ao público en xeral.

Ademais deste feito, non se están a cubrir nin está previsto reemprazar nun futuro aos profesionais que se están a xubilar: un médico en decembro de 2021, unha auxiliar de clínica en agosto de 2022 e unha psicóloga en decembro de 2022, procedendo a extinguir ditas prazas na RPT ou listado de postos de traballo deste concello, co relato de que a Xunta de Galicia se fará cargo deste Servizo Sanitario de Drogodependencias e o deu seu persoal, cuestión da que se ven falando dende desde 2006 sen ningún resultado.

Esta situación leva a un grave deterioro do servizo prestado neste centro sanitario que ven funcionando dende 1992.

Esiximos que se cubra ao menos neste momento o posto de auxiliar administrativo.

 

Asinan esta nota as traballadoras e traballadores da UAD de Pontevedra