PLADEVER (plataforma pola defensa do rio Verdugo) opina sobre o trasvase proposto polo Alcalde de Vigo

30 de novembro 2017
Actualizado: 18 de xuño 2024

Dende a Plataforma pola Defensa do río Verdugo (PLADEVER) e o Colectivo "A RENTE DO CHAN", queremos manifestar o noso estupor ante a noticia que están a dar os medios de comunicación da pretensión de facer un trasvase de auga do río Verdugo ó seu irmán maior o río Oitavén

Dende a Plataforma pola Defensa do río Verdugo (PLADEVER) e o Colectivo "A RENTE DO CHAN", queremos manifestar o noso estupor ante a noticia que están a dar os medios de comunicación da pretensión de facer un trasvase de auga do río Verdugo ó seu irmán maior o río Oitavén, proxecto impulsado polo Alcalde de Vigo e apoiado pola Xunta de Galicía dende o organismo competente Augas de Galicía.

Un proxecto de tales magnitudes en todo o seu concepto, non se pode plantexar na situación de seca extrema que estamos a padecer. Improvisando, sen pensar nos usos que o río ten no seu percorrido ata o mar, tanto de carácter humano coma natural. Ignorando cales serían os efectos negativos que crearía esa retirada de auga, dende o funcionamento como ecosistema ata o uso humano do propio río, sen esquecer os bancos marisqueiros situados na súa desembocadura.

Estudos de impacto ambiental, hidrolóxicos, económicos, así coma  expropiacións de terreos, etc… son fases imprescindibles e necesarias para levar a cabo este tipo de proxecto. Imposibles de realizar legalmente, dito sea de paso, polas circunstancias nas que nos encontramos a estas alturas.

Instamos o Sr. Alcalde de Vigo a que calme o seu nerviosismo, e explique ós cidadáns que representa a situación real na que se atopan, ó mesmo tempo que comeze a prácticar medidas reais de aforro de auga, á vez que debería recoñecer a súa falla de previsión para ter realizado accións encamiñadas ó uso sostible e razoable da auga. O encoro de Eiras leva 15 anos diminuindo a auga embalsada.embalses.net. Uso da auga potable para baldeo de rúas. Cambio nos modelos de xardíns e fontes. Revisión da rede de conducción de auga, etc.  

Do mesmo modo, dende Augas de Galicía deberían potenciar e coidar as cabeceiras dos regos que conformaran os grandes ríos dos que nos abastecemos. Ecosistemas coma turbeiras, brañeiras, carballeiras, etc.., funcionan como esponxas que captan a auga e despois á soltan de forma paulatina en forma e tempo. Neste senso habería que actuar de forma inmediata ante a perspectiva de secas cada vez maiores.

Respecto as declaración da Alcaldía de Ponte Caldelas considerámolas confusas o propor como algo mais viable un trasvase augas abaixo, no encoro do Inferno, pero valoramos a súa oposición e apoiaremos o acto reinvindicativo a celebrar en Ponte Caldelas.

PLADEVER (plataforma pola defensa do rio Verdugo) - Colectivo "A RENTE DO CHAN"

Arquivado en