Oficios dos veciños: Gaiteiro e tamborileiro

27 de xuño 2021
Actualizado: 18 de xuño 2024

A raíz de facerlle o 30/05/2021 unha homenaxe a un veciño da parroquia, o tamborileiro do grupo Aires d’a Terrab>, grupo creado por D. Perfecto Feijoob> en 1883, quero dedicar este artigo relacionado cos oficios aos veciños de Cerponzóns que teñen a música coma oficio, os primeiros un gaiteiro e un tamborileiro, aínda que para éstes fosen "oficios" a medias, xa que naqueles anos tiñan que cumprimentarse con outro, por exemplo de labrador, como foi o caso do tamborileiro Manuel Castrob>

GAITEIRO : Persoa que toca a gaita (RAG).

TAMBORILEIRO : Persoa que toca o tamboril ou o tambor (RAG).

A raíz de facerlle o 30/05/2021 unha homenaxe a un veciño da parroquia, o tamborileiro do grupo Aires d’a Terra, grupo creado por D. Perfecto Feijoo en 1883, quero dedicar este artigo relacionado cos oficios aos veciños de Cerponzóns que teñen a música coma oficio, os primeiros un gaiteiro e un tamborileiro, aínda que para éstes fosen "oficios" a medias, xa que naqueles anos tiñan que cumprimentarse con outro, por exemplo de labrador, como foi o caso do tamborileiro Manuel Castro.

Desde tempos medievais hai testemuñas documentais que o gaiteiro era un profesional contratado por cofradías, gremios e outras corporacions para os días de celebración, o mesmo pasaba co tamborileiro. Fun buscando publicacións relacionadas con estes oficios e o primeiro que me chama a atención é que hai documentos onde indican que o primeiro gaiteiro na historia de Galicia foi un ourensán, o seu nome Gómes Mouro, era tal o seu virtuosismo tocando a gaita que no ano 1458 o Concello de Ourense fíxolle un contrato vitalicio, para que actuase nos actos que fose necesaria a súa intervención.

Na nosa parroquia de Cerponzóns temos constancia dun gaiteiro no ano 1752, era fillo de Domingo da Vila e hai documentación no ano 1754 onde aparece o pago ao gaiteiro por participar nas festas do patrón, desgraciadamente non atopei moita máis información relacionada con gaiteiros da parroquia.

En cambio si que sobre o Tamborileiro temos máis documentación.

Manuel Castro, separadamente de ter o seu oficio de labrador, tocaba o tamboril, e non o tocaba de calquera xeito, nun artigo onde se fala do coro Aires d’a Terra, refírense ao Manuel desta forma : 

Era tan eistraordinario que levaba, cando ía tocando polas rúas, o tamboril pendurado dun dedo da man esquerda; man que ó mesmo tempo utilizaba para percutir, en xogo ca dereita, co seu correspondiente palitroque. E non perdía nin o paso nin o ritmo.

No libro SEMPRE EN GALIZA, escrito por Castelao (integrante do coro Aires d’a Terra durante un par de anos é compañeiro de Manuel), conta o seguinte :

Cando foi a Madrid o coro galego de Feijóo , levaba consigo un tamborileiro de Cerponzóns, un vello que nunca saíra de Galicia. Cando xa levaba 15 días en Madrid, o tamborileiro  atafegado pola morriña díxolle a Feijóo : " eu quero irme a España", pois ben aos galegos que falan de España e só levan no sentimento a imaxe da súa terra, eu quero dicirlles que a nosa terra é unha patria e que esta patria foi ultraxada  por outros españois a quen só debiamos inspirar agradecemento e admiración. E que non sexa o conto que os galegos, aparentemente renegados, tomen España como a tomaba o tamborilero de Cerponzóns…"

Noutro medio de comunicación (Diario de Pontevedra), é entrevistado D. Jose L. Fraga. O redactor Sprinter, entrevista ao que era ou único superviviente que quedaba do grupo Aires dá Terra…

Na entrevista finaliza o señor D. Jose L. Fraga cunhas anécdotas ocorridas na viaxe que fixo o grupo ás Américas, unha destas anécdotas tiña como protagonista ao tamborileiro de Cerponzons, comentaba o seguinte :

Pero aínda houbo outros graciosos detalles máis que o noso amigo recordaba coa risa consiguiente. Entre eles, relatounos o sucedido en ocasión de que nun daqueles días que en Bos Aires tomaban un tren subterráneo, todo marchara ben, ata chegado o momento en que, pechadas as portas e emprendido o bólido veloz carreira, Manoliño, o tamborileiro, tomoulle medo, que empezou a gritar frenético: " Diganlle que pare, que pare, que este tren lévanos ou inferno ".

O grupo de Feijoo, foi o primeiro coro de Galicia: con voces e instrumentos tradicionais como a gaita, o tamboril,  o pandeiro, as cornas, triángulos, pandeiretas, zanfonas …O máis rechamante, a excepción do tamborileiro, era que todos os  membros do grupo pertencían á alta sociedade.

Actúan por vez primeira en 1900. En 1901 viaxan a Madrid, onde son moi aplaudidos. En 1912, o coro encárgase de dar a benvida ao rei Alfonso XIII, nunha visita ao Ferrol. En 1913 viaxan de novo a Madrid con motivo da visita do presidente francés Poincaré, as críticas nos xornais non poden ser mellores.

No ano 1914 van de xira por Arxentina, sendo aclamados por donde pasan, e nese país e donde D. Perfecto Feijoo decide disolver o coro.

 

O noso tamborileiro participou en todas estas actuacións, non había tamborileiro que lle fixera sombra.

 

Manuel tamén estivo tocando cun dos mellores gaiteiros que houbo por terras de Pontevedra, Xoán Tilve, o Gaiteiro de Campañó. No grupo tamén estaba o irmán de Xoán, de nome Rosendo.

Manuel parece ser tiña relación familiar directa con estes dous irmáns, seguramente era curmá ou tío, todos eles tiñan ademais en común raíces en Cerponzóns, dado que o apelido Tilve saíu do lugar do mesmo nome que hai en Cerponzóns.

O grupo dos irmáns Juan e Rosendo Tilve, xunto a Manuel Castro, obtivo varios premios nos Concursos que a principios do 1900 celebráronse na capital da provincia, a súa participación durante anos no Corpus de Pontevedra tamén foi recordada polo profesor Filgueira. Anos máis tarde, descendentes de Xoán Tilve chegaron a estar bastantes anos realizando a mesma labor, ata que  anos máis tarde converteríanse no famoso grupo Os Lirios de Campañó.

 

O 30 de Maio do 2021 xa é unha data para recordar nas efemérides da parroquia de Cerponzóns, o noso veciño Manuel Castro merecíase un recoñecemento, e así se fixo.