O terceiro concurso de Espantallos celebrado en Cerponzóns xa ten gañadores! TODOS!
Desde a Asociación de Veciños O Chedeiro (organizador do concurso) estamos encantados da colaboración veciñal que houbo este ano.
Este ano foron 10 Espantallos os que se presentaron e o xurado tívoo moi complicado á hora de puntuar, xa que todos merecían a máis alta puntuación.
A Asociación de Veciños decidiu que este ano o xurado fose unha representación dos medios de comunicación escritos.
A clasificación quedou da seguinte maneira :
- MARAJOTA
- JACHONA
- BERTORELLA, BARALLOCAS e MOINANTE.
Os demáis Espantallos levaron unha puntuación mui similar, solamente con unha diferencia de un ou dous puntos entre eles: TANXUGUEIRO, MEIXELAS, CHURRIANA, CHIMPAFIGOS e SETETETAS.