O patrimonio etnográfico de Cerponzóns percorre o mundo

23 de maio 2023
Actualizado: 18 de xuño 2024

Despois de entregar a Asociación de Veciños O Chedeiro b>aos veciños de Cerponzóns o libro "Patrimoniob> b>Etnográficob> b>deb> b>Cerponzónsb>", acaban de entregalo tamén aos "outrosb> b>veciñosb>", aqueles veciños e veciñas que viven lexos da súa terra, aqueles que naceron na parroquia ou os seus antepasados e que emigraron cara a diferentes países

Despois de entregar a Asociación de Veciños O Chedeiro aos veciños de Cerponzóns o libro "PatrimonioEtnográficodeCerponzóns", acaban de entregalo tamén aos "outrosveciños", aqueles veciños e veciñas que viven lexos da súa terra, aqueles que naceron na parroquia ou os seus antepasados e que emigraron cara a diferentes países.

O dia da presentación do libro, desde a Asociación O Chedeiro, comentamos da ilusión que tiñan estos veciños de poder recibir o libro, fixemos un rogo ao Concellal Agustín Fernández, poder envíalos aos seus fogares, é así foi.

Os libros, grazas á colaboración da Concellería de Educación, foron enviados a Valencia,Alacante,Sevilla,Brasil,Arxentina(unhagranmaioría)eAustralia.

Algúns chegaron en poucos días, outros tardaron un mes e o último en chegar foi o de Austrália, mes e medio.

Desde O Chedeiro fomos recibindo o aviso da chegada do libro con fotografías e con moitas felicitacións, así como un inmenso agradecemento por facerlle chegar tan interesante recollida de Patrimonio, que moitos deles aínda tiñan nocións e outros nunca o viron.

Estás son algunhas fotografías e comentários que nos enviaron:

INOCENTE: Acabo de recibir el libro, no te imaginas la impresión que me causó, solo con ver la carátula me transportó a mi niñez, no tienes ni idea las veces que yo crucé esa pontella. Mil gracias. Un trabajo fantástico este libro es un tesoro.

Un saludo desde Sevilla.

SONIA: Gracias, me hace mucha ilusión. Un saludo desde Albaida (Valencia).

DOLORES: Acabo de recibir e xa comencéi a leer. Muitas grazas e saludos desde Brasil.

LÍDIA: Esta mañana me ha llegado el libro, es hermoso, muchas gracias, un saludo desde Argentina.

MARIO: Recién llegado a mis manos. Que alegría, muchas gracias a todos, un saludo desde Argentina.

MARISA: Los Díaz Ruibal a pleno, moitas grazas polo libro, saludos desde Arxentina.

 

EMILIANO e BETY: Felicidades por este libro, gracias. (Arxentina).

RAMÓN: Gracias por el envío, me hace mucha ilusión volver a ver y a leer tan interesante recogida cultural. Un abrazo desde Australia.